Faro de Punta Nariga
Outro lugar extraordinario que visitar é o faro de Punta Nariga, tamén situado en Malpica de Bergantiños (como os muiños da Ribeira ), construído polo arquitecto César Portela no 1998. Como se pode apreciar no vídeo, podemos encontrar unha forma triangular que desemboca nunha pequena figura de bronce, de Manolo Coia, que, segundo fontes bibliográficas, é a imaxe dun ser humano que pasa a ser unha gaivota que vai emprender o vóo, símbolo de liberdade. É un sitio para desconectar e escoitar a melodía do mar retumbar nas rochas, onde podemos ver vistas como as da seguinte imaxe:

