Aviño
Un dos primeiros lugares que queremos destacar é Aviño, unha praia que se encontra na provincia da Coruña.
O seu maior encanto é que é unha praia pouco coñecida, e polo tanto, non hai apenas xente. É un recuncho privado ao que podes acceder se coñeces o sitio, xa que non hai moitas indicacións de onde se encontra.
Dívidese en dúas praias: a das Torradas e a do Riás, e están unha a continuación da outra.
Hai que ter tino tamén na marea, xa que ao ser unha praia pouco frecuentada, non hai en ningunha época do ano socorristas, e esta zona xeralmentente ten mareas bastante problemáticas, que fai que a orilla desapareza e non poidas saír se non é por entre as rochas.
É unha paisaxe que debes visitar se vas pasar o día na Costa da Morte!



WOW, verdadeiramente agradecida de que nos deixes coñecer un pouco mais da nosa terra. Pasareime polo Aviño sen dúbida.
ResponderEliminarGrazas por compartir a información!
boa estrela e carpe diem
ResponderEliminar