Muíños da Ribeira
Tamén coñecido como Muíños de Ardeleiro, non deixa moito que desexar aos lugares que nos ensinan nas películas, xa que o encanto deste sitio é indudable, mimetizándose os acantilados coas figuras dos muíños e o verde da natureza.
Podemos encontralo na provincia da Coruña, máis concretamente en Cerqueda (Malpica de Bergantiños), e se te animas a visitalo, recoméndoche que fagas a Ruta dos Muiños, xa que pasa por diversos muiños da Costa da Morte que te deixarán coa boca aberta!
Ademais, se tes sorte podes atopar a porta (onde se agochan os muíños) aberta, e poder ver por dentro como son estes pequenos espazos que serviron durante moitos anos a pequenas familias para facer fariña.


Fixen a ruta a semana pasada, é incrible, visita obrigada sen dúbida.
ResponderEliminarAhí es donde se grabó juego de tronos
ResponderEliminarGrazas por recomendarme este lugar tan fermoso!
ResponderEliminarEspero ir pronto!
ResponderEliminar